lunes, 11 de enero de 2016

CAMPAÑA DE ESQUÍ DA DEPUTACIÓN 2016

O Concello de Fene contará con 9 prazas na “Campaña de esquí  2016” da Deputación da Coruña, que este ano se realizará na estación invernal de Leitariegos,  e está destinada a rapaces e rapazas nacidos/as nos anos  2001,2002, 2003, 2004 e 2005.

A quenda que lle corresponde a Fene é a terceira: do 21 ao 26 de febreiro de 2016.

Os participantes  disfrutarán de cinco días con aloxamento, manutención e cursiños de esquí na estación de Leitariegos.

A Deputación responsabilizarase  do transporte de todos os participantes dende os puntos  de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades complementarias. 

Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 95 €. 

Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene).

No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (9) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas.


A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 22 de xaneiro de 2016. 

Para calquera aclaración relacionada con esta Campaña podedes poñervos en contacto coa coordinadora de actividades deportivas municipal, Mercedes Justo Pena, no  Departamento de Deportes do Concello de Fene. Telf. 607 615 962 / 981 34 03 66.

No hay comentarios: