viernes, 8 de enero de 2016

AXUDAS PARA NENOS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) púxose en contacto có cole para informarnos da convocatoria de axudas que grazas á Fundación Solidariedade Carrefour e a o convenio de colaboración asinado con GAES están a desenvolver.

Trátase de axudas materiais dirixidas preferentemente a familias con nenos de 0 a 6 anos que teñan unha discapacidade auditiva e con escasos recursos económicos.

Nos arquivos adxuntos podedes ver as bases da convocatoria, así como os modelos de solicitude.

No hay comentarios: