miércoles, 21 de septiembre de 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016-2017

Ola familias,
como falamos na reunión de inicio de curso, as actividades extraescolares comenzarán no mes de Outubro.
As propostas para este curso son as seguintes:


  • LUNS: BAILE (baile moderno, zumba, hip-hop...) en horario de 16:00-17:00h.
                      INGLÉS en horario de 17:00-18:00h. Este horario podería cambiarse para as 16:00h se non coincide ningún neno apuntado a baile.
  • MARTES: PATINAXE en horario de 16:00-17:00h. Este día a partir das 17:00h faranse os obradoiros que iremos ofertando.
  • MÉRCORES: TEATRO en horario de 16:00-17:00h.
  • XOVES: DEBUXO en horario de 16:00-17:00h.
A realización das actividades dependerá do número de nenos apuntados.
O prezo das actividades é de 10€/mes para os socios da anpa e de 14€/mes para os non socios.
Como este ano estreamos comedor,  os nenos que fagan uso do comedor todos os días terán unha pequena rebaixa no prezo das actividades sendo para estes de 9€/mes.

As persoas que despois de estar apuntadas queiran deixar a actividade deberán notificalo antes de final de mes.

Levan nota os nenos para a casa. Os que estedes interesados en algunha actividade cubride a ficha e devolvédea ó centro a través da axenda escolar antes do próximo venres.

No hay comentarios: