viernes, 16 de septiembre de 2016

REUNIÓN INICIO DE CURSO


Ola familias,
estamos de volta e como é habitual faremos a reunión de inicio de curso.
O próximo martes 20 de Setembro, ás 16:00h será a reunión xeral no salón de actos, a directora informaranos das novidades deste curso 2016-2017.
De seguido faremos a reunión da Anpa. Invitámosvos a todos a colaborar con nós. Informaremos entre outras cousas, do programa anual, do comedor, das actividades extraescolares e dos chándals, que xa os temos para que os probedes e encarguedes. Este ano temos de novidade tamén sudaderas con tallas desde 4 anos a XXL, así que familias e profes tamén poden apuntarse! Mooolan!!!
A continuación as titoras de primaria reuniranse coas familias, por cursos, nas aulas correspondentes.

Vémonos o martes!!!

No hay comentarios: