martes, 30 de mayo de 2017

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2017 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Ola familias,

O Concello de Fene contará con 5 prazas no “Programa Campamentos Deportivos de Verán 2017” da Deputación da Coruña, que este ano se realizará nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no concello de Culleredo (rúa Salvador Allende, 13). 

Este campamento está destinado a rapaces e rapazas de, entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente 2017 e ten unha orientación deportiva, mediante a realización de actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, fútbol, voleipraia, tenis, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile, etc 

A quenda que lle corresponde a Fene é a primeira: do 19 ao 25 de agosto de 2017 (incorporación o sábado, día 19, de 18:00 a 19:00 horas e saída tralo almorzo e xornada de clausura do venres, día 25). 

A Deputación asumirá a maior parte dos gastos, estancia, manutención, transporte interno para realizar as actividades programadas, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. 

O transporte tanto de ida como de volta dende Fene ata o Centro Residencial Docente da Coruña, non está incluído, polo que irá por conta dos/as participantes. 

Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 85 €. (oitenta e cinco euros), que se ingresarán unha vez que o /a interesado/a obteña a praza. 

Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene). Xunto coa preinscrición deberán achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene con data anterior ao 30 de maio. 
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (5) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas. 

A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 17 de xuño de 2017.

Para calquera aclaración relacionada con esta Campaña podedes poñervos en contacto coa coordinadora de actividades deportivas municipal, Mercedes Justo Pena, no  Departamento de Deportes do Concello de Fene. Telf. 607 615 962 / 981 34 03 66, aínda que as cuestións organizativas  da Campaña dependen directamente do Gabinete de Deportes da Deputación, polo que poderemos  dar a información que nos vaia facilitando a Deputación. 


No hay comentarios: