sábado, 6 de mayo de 2017

NOTA ACLARATORIA: O COLE NON PECHA

Estimadas familias e simpatizantes:
 Que os Casais pecha é un rumor que nos sigue fai anos. Cinco, dez..., incluso máis, quén sabe.
Este rumor é algo que nos perxudica moito moitísimo, que nos fai moito dano e debemos evitalo.
Dende a Anpa queremos aclarar e confirmar que isto non é certo. O cole non vai pechar nin se vai a fusionar con outro centro, como nos preguntaron recientemente. Estos rumores se están magnificando, chegando incluso a Ferrol en xente interesada no noso centro. Non atopamos resposta de onde poden saír e que fin teñen. Debemos que coidar o que temos e non destruílo.
Debido a isto informarvos que tivemos unha reunión coa Inspectora de Educación, na que nos poido confirmar que nin sequera se baralla esa posibilidade. Que quede ben claro que o cole non pecha, nin se fusiona, nin nada similar.
O curso que ven estaremos traballando arreo nos Casais, porque estas cousas fánnos aínda máis fortes. Somos un cole exemplar, con unhas instalacións estupendas, un profesorado implicado, con vocación pola súa profesión, sempre avogando polas últimas tecnoloxías, pola calidade da educación e por unha comunidade educativa sana.

Familias, a resposta xa a temos, se alguén vos pregunta:
¡¡¡O CEIP Plurilingüe Os Casais non pecha!!!


1 comentario:

Unknown dijo...

Queridod@s Pais, Nais:
Sinto un profundo malestar ao ler a nota informativa publicada desde esta ANPA,
Desde xa dicirlle que contan con todo o meu apoio moral á hora de defender o ensino público.
O mero feito de facer un comentario da índole que vostedes explican fala moi claramente da catadura moral dalgún@s persoas, pero desde aquí quixese tranquilizalas e comentar un par de cuestións.
Primeiro o decreto 140/2006 explica claramente como se regula as perdas de destino por parte do profesorado que son extrapolables ao peche de centros educativos
1. Desagregación. Comprende aqueles supostos nos que, para atender determinadas necesidades educativas, créase un novo centro que recolle parte do alumnado do centro ou centros implicados non proceso, expresamente citados non decreto de creación correspondente.
2. Desdobramento. Recolle aqueles supostos nos que, para atender determinadas necesidades educativas, créanse dous ou máis novos centros que recolle parte do alumnado doutro centro ou centros implicados non proceso, expresamente citados non decreto de creación correspondente, que se extinguen.
3. Transformación. Refírese á creación dun centro novo por reconversión doutro, dunha extensión de bacharelato ou dunha sección de formación profesional, que por conseguinte extínguense.
4. Integración. Comprende aqueles supostos de centros que se extinguen e ou seu alumnado é escolarizado noutro centro.
5. Cambio de ensinanzas. Supón a extinción nun centro de determinadas ensinanzas deste e ou seu traslado a outro centro.
No seu caso sería aplicable o punto número 4, que doutra banda é bastante inviable, dada a actual situación educativa en Fene
Por outra banda entendo que vostedes estean preocupad@s por tal posibilidade aínda que se desde Inspección Educativa déronselles todas as garantías de que non ía ser así, nada nos pode facer pensar que non cumpran.
Aínda que dados os precedentes anteriores véxase o ocorrido coa escola de Limodre que no ano do seu peche no mes de Xuño non se sabía nada e o 31 de Agosto saíu publicada o seu clausura deixando así sen efecto calquera tipo de acción reivindicativa a tal peche.
Non é por preocuparlles pero cando o río soa...