lunes, 20 de septiembre de 2021

ACTIVIDADES EXTRESCOLARES PARA O CURSO 2021-2022

 

Por fin, podemos afirmar que as actividades extraescolares no Ceip Plurilingue Os Casais, comezarán o próximo Luns 4 de Outubro.


Lamentablemente, tivemos que deixar fora as actividades deportivas ( baile, patinaxe en línea…), polas dificultades para cumprir cos protocolos. Dende a Anpa Os Casais, preferimos comezar pouquiño a pouco, sendo responsables. Así mesmo, se a incidencia baixa e o contexto sanitario e máis favorable, non descartamos que se poidan ofertar máis adiante.
 
Algunhas actividades cóbrannos por monitor / hora, polo tanto o prezo dependerá do número de nenos e nenas inscritos e do número mínimo e máximo de nenos e nenas recomendados.
 
O periodo de inscripción nas actividades extraescolares termina o día 28, ainda que se quedan hocos libres, non descartamos que se poidan incorporar nenos ou nenas novos, durante o curso.

Para apuntarse as actividades, podedes cubrir a ficha que vos entregaron hoxe no cole, ou podedes tamen enviar un mail co nome do pai/nai/tutor/a e  o nome do neno ou nena, co curso e a actividade a que se apunta.


O número máximo de nenos e nenas, será de 8 para garantir a distancia de seguridade.

 

OFERTA 2021-2022


CREATIVIDADE (Gazapo); martes  de 16.00-17:00A partir de 4 anos. Prezo: entre 14 e 23 euros ao mes.

 Nesta actividade, faranse diversas actividades relacionadas coa creatividade como experimentos, cociña, tuneado de roupa, reciclaxe e manualidades (Gazapo). 


DEBUXO E EXPRESIÓN ARTÍSTICA (Gazapo)mércores  de 16:00-17.00. A partir de 4 anos. Prezo: entre 12 e 20 euros ao mes.

Os nenos e nenas experimentarán con diversos  materiais e técnicas artísticas.  


MOVIE MAKERS, ROBÓTICA (Espacio Vivo); xoves (16:00-17:30). A partir de 2º de Primaria. Prezo; 30 euros ao mes.

Modelado e impresión 3d, robótica e ingeniería y desarrollo de videojuegos y animación. 

 

Os non socios pagarán 3 euros máis o mes, do prezo que finalmente teña a actividade. O pago realizarase a través de transferencia durante os primeiros 15 días do mes, poñendo no asunto o nome da nena ou neno e a actividade a que asisten.

Se algún de vos tedes algún problema concreto con este método, poñédevos en contacto con nos, no teléfono e no mail, que aparecen máis abaixo

 O teléfono de contacto para avisos sobre a falta de asistencia, ou para calquera outra incidencia relacionada coas actividades extraescolares é o 622933578 (Rikke),  preferiblemente por whatsapp.

 Tamén podedes usar o mail ampariodeva@gmail.com para comentar calquera outra incidencia.


      Esperamos que as actividades sexan do voso agrado, e agradécense propostas que  sexan compatibles coa situación actual, para facer de modo temporal. 

 

 

No hay comentarios: