viernes, 1 de octubre de 2021

COMEZAMOOSSSSS!!!

 ola de novo, familias!!

Querémovos  recordar que a semana que ven, o luns 4 de Outubro, comeza o servizo de comedor e o martes 5 de outubro, as actividades extraescolares. 

Tanto o primeiro día do comedor como os primeiros días das extraescolares, haberá alguen da Anpa de referencia para solucionar pequenos inconvintes que poidan xurdir, ou por se tedes algunha dúbida. Ademáis, o longo do día hoxe ou este fin de semana, esperamos colgar aquí o menú do mes de outubro.  

Respecto as actividades extraescolares, alégranos comunicarvos que vansé impartir as tres actividades ofertadas.En canto os prezos finais,  fixemos unha media apróximada, para cobrar a mesma cantidade por mes, e así non temos que andar cambiando os prezos mensuais cada pouco.  Se houbera un cambio no número de participantes, valoraríamos as baixadas dos prezos. 

Deste modo os horarios e prezos das actividades serán os seguintes; 

CREATIVIDADE; Martes de 16:00 a 17:00. 22 euros. 

DEBUXO; Mércores de 16:00 a 17:00. 20 euros.

ROBÓTICA; Xoves de 16:00 a 17.30. 30 euros.  


Por outra banda,  queríamos recordarvos que o finalizar o mes, enviarásevos un e-mail cun resumo dos días de uso do servizo do comedor e co coste final  tanto do comedor como das extraescolares. A partir de ese momento, e durante os primeiros 15 días do mes, debedes facer o ingreso mediante transferencia e enviar unha copia do recibo a Anpa, por correo electrónico ou whatsapp. Se algún de vos, tedes algún problema concreto con este método,  poñédevos en contacto con nos, polo WhatsApp ou no mail.

Para cualquiera dúbida e avisos respecto o servizo de comedor, podedes enviar un mail a ampariodeva@gmail.com ou ben, poñervos en contacto con Virginia  e para os avisos e dúbidas co que respecta as actividades extrescolares, deberedes contactar con Rike ou tamén no mail anterior. 

Por último queríamos dar as grazas, as familias que van participar nos servizos da Anpa e dende aquí, animamos o resto a que apuntedes os vosos  fillos e fillas, que ainda quedan plazas baleiras nas actividades. 


Esto e todo polo de agora, un saúdo e que teñades un bo comezo de outubro. 


No hay comentarios: